Accesibilidade Web
O noso compromiso é facer accesible este sitio web, de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles.
Situación de cumprimento
Este sitio web cumpre parcialmente co RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican no seguinte punto.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación podería non ser accesible polo seguinte:
- Poderían existir algúns aspectos de comunicación bidireccional por voz que non cumpran cos mínimos esixidos.
- Poderían existir algúns aspectos de teclado e xestos co punteiro condicionais que non cumpran os mínimos esixidos.
- Poderían existir algúns elementos non textuais non etiquetados correctamente.
- Os buscadores buscan automaticamente sen necesidade de ordenar ningunha acción por parte do usuario.
- Poderían existir algúns textos noutro idioma non etiquetados correctamente.
- Poderían existir erros de código puntuais de edición nalgunha páxina web.
- Poderían existir arquivos ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría deles sí o cumpran.
Preparación da seguinte declaración de accesibilidade
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación realizada polo responsable do desenvolvemento web.
Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como por exemplo:
- Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
- Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
- Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.
Pode presentar:
- Queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018 ou
- Solicitude de Información accesible relativa a:
- Contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido polo artigo 3, apartado 4.
- Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada. Na Solicitude de información accesible, debe concretarse, con toda claridade, os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.
Procedemento de aplicación
Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fora desestimada, non se estivera de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprira os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar unha reclamación no caso de que haxa transcorrido o prazo de vinte días hábiles sen haber obtido resposta. A reclamación pode ser presentada a través da Instancia Xenérica da Sede electrónica do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Subdirección Xeral de Inspección de Servizos do Ministerio.
Contido opcional
Este portal está deseñado para poder cambiar o tamaño do texto e a cor, así como o fondo da páxina mediante as opcións de configuración estándar dos navegadores. Se desexa cambiar o tamaño de letra do texto nos principais navegadores gráficos utilice os seguintes menús:
- Internet Explorer, Mozilla e Firefox: Ver > Tamaño do texto
- Opera: Ver > Zoom
- Safari: Ver > Facer o texto máis grande
- Chrome: Controla a páxina actual > Tamaño do texto
- Para modificar o tamaño de todo na páxina:
- Ctrl + + para aumentalo
- Ctrl + – para diminuílo
- Ctrl + 0 restaura o tamaño orixinal do texto
- Se o que quere é anular a folla de estilos ou modificar a cor do texto, pode consultar a páxina How to Change Text Size or Colors da WAI, que se pode ler traducida ao español en ¿Cómo cambiar o tamaño do texto ou cores?