Nós

En Tourgalia nacemos e medramos dende o territorio.
Dende Quiroga, na Ribeira Sacra, Xeoparque Montañas do COurel e Camiño de Santiago, construímos proxectos que conectan persoas, recursos e oportunidades cunha forma de facer clara: facer que as cousas pasen.

Non somos unha única liña de negocio.
Somos un grupo que integra formación, servizos, turismo e proxectos propios, entendendo cada peza como parte dun sistema máis amplo.

O noso propósito é sinxelo:
desenvolver iniciativas sostibles no tempo, con impacto real no territorio e nas persoas que forman parte del.

Traballamos dende a operación, co coñecemento que dá a experiencia diaria.
Cada proxecto que impulsamos —desde a xestión de servizos ata a creación de marcas ou espazos— responde a unha mesma lóxica: facer ben, mellorar e evolucionar.

Miramos ao futuro coa mesma idea coa que comezamos:
seguir construíndo, sumando e xerando valor dende aquí.

Juan Luis Vázquez Rodríguez

Socio Fundador, CEO + CFO
Cunha visión estratéxica que define o rumbo de Tourgalia, Juan Luis é a forza impulsora detrás das nosas metas ambiciosas. El é a voz líder en decisións estratéxicas, xestión financeira e relacións con investidores, garantindo un crecemento continuo e estable para o grupo.

jlvazquez@tourgalia.com
LinkedIn

Noemí Álvarez Blanco

Socia Fundadora, COO + CMO
Noemí combina a eficiencia operativa coa innovación na xestión de proxectos. O seu liderado garante a excelencia en todos os nosos servizos e a execución impecable da nosa visión estratéxica, mantendo a nosa misión e os nosos valores no corazón de todas as operacións.

noemi@tourgalia.com
LinkedIn

Antón Veríssimo

Marca, IA y estructura
Traballa na marca do grupo e en como se constrúen e funcionan os seus proxectos. Dá forma a novas iniciativas dentro de Tourgalia, definindo a súa estrutura e acompañando a súa posta en marcha xunto ao equipo. O seu enfoque combina marca, sistemas e intelixencia artificial para asegurar que todo encaixe, funcione e se sosteña no tempo.

anton@tourgalia.com
LinkedIn

Carlos Palanca

Director Técnico Casa de Outeiro
Responsable de levar a excelencia da nosa viticultura a novas alturas, Carlos dirixe con paixón a Casa de Outeiro, onde a calidade do viño e o respecto polo terroir de Quiroga van da man.

cpalanca@casadeouteiro.com
LinkedIn

Ir al contenido