Traballa en Tourgalia

En Tourgalia desenvolvemos proxectos vinculados ao territorio, ás persoas e ao longo prazo. Traballamos con criterio, buscando que o que facemos teña sentido e funcione.

Queremos contar con persoas que se impliquen, que aporten e que queiran formar parte de proxectos reais, en evolución constante.

Contamos co Certificado EFR, que avala o noso compromiso coa conciliación e cun entorno de traballo flexible e respectuoso.

Procesos de contratación abertos

Actualmente estamos na busca de talento para:

  • Cociñeiros/as con experiencia en colectividades (Porto do Son, Boiro, Melide, Ribadeo, Palas de Rei, As Sinas).

  • Axudantes de cociña (Boiro).

  • Auxiliares de cociña e limpeza (Palas de Rei, Portomarín)

  • Beca no departamento de xestión: desenvólvete en ecommerce, atención ao cliente e coordinación de servizos nun entorno flexible e colaborativo.
  • Camarerx de piso no Hotel Casa do Estanco.
  • Monitores de tempo libre bilingües ou nativos para programas de inmersión lingüística no estranxeiro.

Envíanos o teu CV

Como traballamos

Empregamos ferramentas que nos permiten organizar o traballo con claridade e ser máis eficientes no día a día.

Utilizamos Google Workspace e Meet para comunicación e coordinación, Woffu para a xestión do tempo e unha aplicación propia para os programas de inmersión. Son ferramentas sinxelas, pero clave para que todo funcione.

Flexibilidade

Dependendo do posto, ofrecemos a posibilidade de traballar en remoto ou de forma presencial.

Para quen queira achegarse ao territorio, acompañamos o proceso de traslado a Quiroga, facilitando a integración nun entorno profesional e persoal estable.

Fai que cada día conte

En Tourgalia, queremos ser algo máis que un lugar de traballo: queremos ser un espazo onde se valoren as túas ideas e apoiar cada paso da túa traxectoria profesional. Explora as posibilidades connosco e sé parte dun futuro que construímos xuntos.

    Máis que un posto de traballo

    Buscamos persoas que queiran construír a longo prazo.

    Aquí poderás:

    • Traballar con flexibilidade, con ferramentas claras e procesos definidos
    • Formar parte dun equipo que colabora e comparte coñecemento
    • Desenvolverte profesionalmente dentro do grupo
    • Integrarte nun proxecto ligado ao territorio, con percorrido
    Ir al contenido