Somos un grupo empresarial de orixe rural.
Dende Quiroga para o mundo.
Nós
As marcas

TG Servicios: Servizos integrais para empresas e entidades: limpeza, mantemento e apoio operativo, cun enfoque eficiente, flexible e adaptado a cada contexto.

TG Colectividades: Xestión de servizos de cociña, limpeza e mantemento en centros públicos e colectivos, baseada na proximidade, a calidade e a experiencia acumulada en contornos esixentes.

TG Formación: Deseñamos e desenvolvemos programas formativos, tanto en Galicia -no noso centro en Peares- como no estranxeiro, centrados na inmersión lingüística, a experiencia e o desenvolvemento persoal.

Casa de Outeiro: Proxecto vitivinícola na Ribeira Sacra que conecta viño, territorio e comunidade. Unha iniciativa a longo prazo centrada na recuperación do patrimonio e na creación de valor dende Quiroga.

Casa do Estanco: Hotel boutique en Quiroga que ofrece unha experiencia ligada ao territorio, ao descanso e a unha forma de viaxar máis pausada e consciente na Ribeira Sacra e do Xeoparque Montañas do Courel.

Natura · Slow Travel Society: Un club privado de experiencias que conecta persoas co territorio a través dunha proposta de viaxe pausada, acceso limitado e unha selección coidada de vivencias en Galicia.
