Somos un grupo empresarial de orixe rural.

Desde Quiroga para o mundo.

Nós

En Tourgalia, somos un pequeno grupo empresarial co obxectivo dar un impulso económico e social e manter as tradicións no rural galego. A través das nosas marcas, desde a viticultura ata programas de inmersión lingüística, buscamos garantir un relevo xeneracional que asegure o futuro do territorio e polotanto revitalizar o patrimonio cultural e natural da nosa área, xerando un impacto positivo nela.

Somos un equipo aliñado cunha visión moderna de negocio sostible. Desde os nosos comezos en 2013, cremos que temos a responsabilidade de coidar e impulsar o emprendemento rural. Somos un proxecto que cultiva non só viñedos, senón tamén o potencial humano e cultural daquelas zonas onde estamos establecidos.

As marcas

Peares Centro de Inmersión Lingüística: Un antigo poboado que agora é un moderno centro onde realizamos programas formativos en idiomas, ofrecendo un espazo seguro e enriquecedor para a aprendizaxe.

Casa de Outeiro: A nosa adega na Ribeira Sacra, cada botella é unha promesa de calidade e unha homenaxe ao terroir de Quiroga.

Casa do Estanco: Un hotel boutique situado nun edificio histórico de Quiroga. É unha experiencia que combina luxo, confort e a calidez dun servizo personalizado.

Colectividades: Cociña cercana e de cercanía. Confiamos plenamente nas vantaxes de cociñar e disfrutar directamente do que se cociña, sen traslados nin esperas que fagan que a comida perda parte das súas bondades.

Programas Internacionais: Deseñamos experiencias de aprendizaxe en idiomas que van máis aló das aulas, asegurando tanto unha inmersión lingüística como cultural.

Ir al contenido